Monday 29 de April de 2024

Somozas mellora o seu mobiliario urbano coa colocación de bancos nas zonas rurais


• Colocáronse un total de 12 bancos nos lugares da Retorta, O Condado, O Chao, A Garita, Foxo, A Toca, Seixas e Pena de Eiriz

• A instalación destes elementos urbanísticos responde ás peticións da veciñanza, que solicitaban lugares onde poder descansar durante os seus paseos e onde poder sentarse a falar co resto de veciños

O Concello das Somozas vén colocar unha serie de mobiliario urbano para mellorar tanto a estética do municipio como para facilitar o descanso das persoas maiores durante os seus paseos.

Colocáronse un total de 12 bancos nos lugares da Retorta, O Condado, O Chao, A Garita, Foxo, A Toca, Seixas e Pena de Eiriz, correspondéndose con zonas rurais do Concello.

A instalación destes instrumentos urbanísticos, que están perfectamente humanizados coa contorna, responde ás peticións da veciñanza, que solicitaban lugares onde poder descansar durante os seus paseos e onde poder sentarse a falar co resto de veciños.

Desde o Goberno local apuntan que con estes novos bancos mellórase o día a día da veciñanza e facilítase así tanto o descanso como un punto de encontro para as persoas maiores no municipio.